jueves, 21 de diciembre de 2017

REMATAMOS O TRIMESTRE


Case sen darnos conta chegamos ao fin deste trimestre.
Tras rematar os traballos adicámonos á decoración navideña.














E a escribir os nosos mellores desexos de cara ao ano próximo.



   
APROVEITANDO  ESTA  ESTAMPA 

           ROBERTO, MARI  E ANDREA

 DESEXÁMOSVOS

             FELICES FESTAS!!




martes, 21 de noviembre de 2017

VISITA O MUSEO DE BELLAS ARTES

O día 3 de novembro tivemos a ocasión de visitar o museo de Bellas Artes da Coruña.



Como é costume os guías acompañáronnos e explicáronnos algunhas das múltiples obras que se expoñen nas súas salas.









Para rematar propuxéronnos un pequeno taller de actividad que fixemos con gusto.






 Saímos moi contentos e ainda nos quedou tempo de dar un pequeno paseo pola cidade e xogar un rato na praza de María Pita.






miércoles, 1 de noviembre de 2017

SAMAÍN

Aquí temos unha pequena mostra da nosa aportación á celebración do Samaín.




 






 

martes, 31 de octubre de 2017

PLANETA  ARDORA

Duranto o mes de outubro asistimos a unha representación teatral que tivo lugar na Senra.






UN FERMOSO ESPECTÁCULO DE LUZ!!!!
Como ven sendo habitual durante os cursos anteriores, poñemos en marcha o noso blog co fin de que poidades ver algunha das actividades que realizan os vosos nenos  no cole.

Aqui temos  un pequeno experimento que se nos propoñía no libro de CCSS.


https://vimeo.com/240626014

miércoles, 21 de junio de 2017

VIAXE FIN DE CURSO

O pasado xoves 15 de xuño fomos de excursión para celebrar o remate do curso.
O destino elexido foron as Fragas do Eume e a praia de Cabañas.
No Centro de Interpretación das Fragas vimos un video que nos explicou varios aspectos do lugar. Logo, acompañados por Carlos, un experto guía, dimos un longo paseo para observar a natureza, o río, fontes e mananciais e unha curripa, que servía antigamente para secar as castañas.




                                                                                                                                         







PLÁSTICA!!!!

Quizás un dos traballos máis chamativos de plástica deste curso foi a realización dun grabado. Cada  un diseñou nun linóleo a imaxe da súa inicial e decorouno ao gusto, logo co tórculo imprimimos un pequeno recordo do paso por este nivel.
Aquí están as súas creacións.








lunes, 8 de mayo de 2017

E TI QUEN VES SENDO?


Baixo este título proposto pola biblioteca decidimos realizar unha investigación sobre os Xogos Olimpicos.
Este foi é o noso traballo
https://en.calameo.com/read/00435590927fe7e5e063a




jueves, 4 de mayo de 2017

Este  curso decidimos participar no concurso NÓS TAMÉN CREAMOS!  Da Secretaría Xeral de Política  Lingüística en colaboración coa Editorial OQO e a TVG.

Para o  concurso tivemos que realizar unha animación coa técnica do Stop Motion dun dos contos facilitados pola editorial.

Aquí tedes o resultado.

https://vimeo.com/216012432


martes, 11 de abril de 2017

OS XOGOS OLÍMPICOS

Rematamos o noso traballo sobre os Xogos Olímpicos!!

Realizamos unha ampla tarefa de investigación que plasmamos nun PowerPoint que pronto publicaremos
neste blog.
Aquí temos expostas algunhas  páxinas.








Como vedes, completamos a decoración  cunha recreación plástica dunha competición de atletismo.