viernes, 15 de noviembre de 2019

DAMOS A BENVIDA AO NOVO CURSO 2019-2020

Un ano máis comenzamos a publicación dalgún dos traballos dos pícaros deste curso 2019-2020.
Desexamos que vos gusten e disfrutedes das súas creacións tanto como eles gozan realizándoas.


Aquí tedes a súa representación do Sistema Solar xunto cos datos que recopilaron  sobre cada planeta.















miércoles, 19 de junio de 2019

PEQUENOS CIENTÍFICOS E GRANDES RECICLADORES

Levamos a cabo unha serie de pequenos experimentos utilizando materiais reciclados e comúns nas nosas casas.
O resultado mostrámosllo aos alumnos de 1º e 2º e tamén fixemos un vídeo que colgaremos proximamente.
Estas son as fichas de cada experimento.

https://es.calameo.com/read/0043559093da3782cf0ce

viernes, 10 de mayo de 2019

SALVADOS

Antes de marchar de vacacións decidimos adicar un rato a xogar en equipo.

Propuxemonos un xogo de escape no que deberíamos atopar un antídoto para un suposto envelenamento masivo, poñendo en práctica capacidades e habilidades intelectuáis diferentes ás que usamos habitualmente no cole. .









Nas probas debemos utilizar a imaxinación, o inxenio e a deducción




Organizados en catro equipos e cun maletín inicial que contiña o material necesario para ir superando diferentes retos.





 






Eses retos aportaban novos materias e pistas para seguir no xogo.












Todos participabamos nas decisións do noso equipo e aportabamos solucións as probas.







Cando acadabamos un  consenso,pasabamos ao seguinte desafio.







Pasamos un día divertido!!!
.



CONSEGUIMOS SALVARNOS!!!!!

sábado, 6 de abril de 2019

LINOGRABADOS

Tras o noso paso polo  CIEC de Betanzos tiñamos que poñer en práctica o aprendido.

 Aquí tedes as nosa obras.



 



domingo, 3 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019

Un ano máis disfrazarémonos!!!

Este entroido reutilizaremos roupa  da nosa casa para diseñar novos disfraces.

Na nosa decoración recuperamos o xogo das "mariquitas". Diseñamos disfraces,

 xogamos a cambiarllos a diario e así  imos conectando co espíritu do Entriodo.













miércoles, 30 de enero de 2019

DÍA DA PAZ

Como todos os 30 de xaneiro festexamos  o día da Paz.

Este ano un dos  nosos murais está feito de vidrieiras e o outro con pombas.