domingo, 25 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018

Como todos os anos por estas datas tócanos disfrazarnos.
                         E decorar as portas.
















O entroido do 2018 foi así...empezamos o día 9 de febreiro.  No cole os de 3º fomos de cavernícolas, xuntámonos todos e merendamos nunha clase, logo desfilamos ensinando as nosas características: onde viviamos,que comiamos, o que vestiamos, etc. Ao desfilar bailamos as nosas danzas. As nosas tradicións!!!





Preparados para a nosa actuación estelar no pavillón.


Un pouquiño nerviosos pero moi ledos.



Ao final resultou todo un éxito. Mentras nós faciamos o espectáculo leíase un texto relacionado co tema deste ano da bibloteca.                                                                                                 A Moda.
" Benvidos á mostra de moda a través dos tempos organizada polo CPI Cruz do Sar co gallo do Antroido 2018.Os primeiros participantes son os habitantes das cavernas, OS TROGLODITAS.
A moda no vestir naqueles tempos baseabase como podedes ver no uso de peles de animais, animal print (diriamos hoxe). Os deseños sobrios, con cortes rectos e nos sobre os ombros.
Como accesorios usábanse colares, pulseras e brazaletes feitos con materiais naturais cen por cen, dentes, osos, tiras de coiro... As máscaras decoradas con moitas cores usábanse nos días de festa.
O calzado estaba feito con peles animais e resultaba práctico en calquera época do ano.
Xa se practicaban deportes nesa época, o brilerroca, un antepasado do brilé era o xogo de moda. Entrañaba algún riscos pero axudaba a mellorar os reflexos e a resistencia aos golpes.
A comida de moda era a carne, de mamut, de brontosaurio, de pterodactilo, sempre á brasa.
A  moda neses tempos era desprazarse a pé, e se tiñan presa botábanse a correr, así naceu o actual running.
Vivían en cavernas todo o ano, a moda na decoración era a pedra, mesas de pedra, cadeiras de pedra, camas de pedra... Os mais modernos tiñan ata pinturas murais nas paredes.
A música de moda consistía basicamente en percusión, tambores de todo tipo golpeados mentres a xente bailaba dando voltas arredor dunha fogueira.
E aquí os deixamos cunha mostra dun baile tradicional troglodita."

miércoles, 14 de febrero de 2018

DÍA DA PAZ

Recitamos e representamos un bonito poema...

                          https://vimeo.com/255479368


e aproveitamos a celebración para despedirnos de Cristina desexándolle




FELIZ XUBILACIÓN!!!!!








lunes, 5 de febrero de 2018