jueves, 24 de mayo de 2018

APRENDEMOS ROBÓTICA

Os nosos primeiros pasos cos robóts foron aprender a programalos e a que avanzasen, retrocedesen, parasen... En fin, os movementos básicos.

Despóis aprendemos a programar o sensor de distancia do robot para evitar choques.

E logo xa nos plantexamos retos máis complexos.

Aquí vos deixamos uns vídeos para que vexades os nosos avances.



Primeiro fixemos que o robot saíse dun círculo de árbores.





O segundo obxectivo foi que o robot fose esquivando árbores.





As veces as cousas non saen como queremos.





Nesta ocasión o robot fixo o que queriamos. Atravesou o bosque ainda que con algunha axuda.


miércoles, 23 de mayo de 2018

SAÍDA O CASTRO

Este trimestre fixemos unha saída para visitar as instalacións da fábrica de cerámicas do Castro, en Sada.
Ademáis de ver como fan as distintas pezas tamén visitamos o Museo Carlos Maside que se atopa no mesmo recinto.





Estas máscaras fíxoas Castelao para a representación da súa obra "Os vellos non deben namorarse".



sábado, 12 de mayo de 2018

VISITAS DE XOSÉ TOMÁS

Acudimos á  biblioteca para disfrutar dunha pequena charla con Xosé Tomás,que como ilustrador, mostrounos o xeito de crear histórias gráficas.







martes, 8 de mayo de 2018

Snappet

Estamos a punto de rematar a nosa  experiencia coas Snappets. Durante uns meses traballamos as matemáticas cun novo recurso.