TRABALLANDO EN EQUIPO Este é o primeiro traballo en grupo que realizamos este curso. O resultado foi moi satisfactorio e ademais pasámolo ben traballando xuntos. Aquí tedes o resultado e a nosa cara de satisfacción.
Este curso estreamos uns pequenos robots (escornabots) que nos permiten xogar á vez que traballar aspectos como a orientación espacial e a lateralidade. A súa programación é moi sinxela.