miércoles, 10 de junio de 2020

JUEVES11

OLA PÍCAROS!
Xa estamos rematando o curso, de feito, hoxe en lingua galega xa nos falan do  do verán. Será parar que nos animemos a pensar no que está por vir?

Lingua galega.

Pois como deciamos hoxe traballaremos o vocabulario  de verán da  páx 194 e 195. Ademais dos exercicios do libro, na caixa de recursos dispoñedes dunha sopa de letras e un xogo de completar que poden ser entretidos.
Tamén traballaremos as palabras con X, na páx 198. Podedes facer as tarefas na libreta ou descargar os pdf seguintes.
CCSS.

Que tal vós vai ca investigación da vosa historia? 
Atopastes algún dato interesante? 
Lembrade anotalo e elaborar un traballo para poder velo cando voltemos o cole. 

Xa falamos da vosa breve historia ( 8, 9 ou 10 anos), da historia familiar un pouco máis ampla. Pero se nos acercamos a historia da humanidade. 
Cómo estudiala dende a súa orixe ata a actualidade?

O tema 9 danos unha visión global da historia, podedes lelo ou optar por ler a presentación, non esquezades pinchar nos debuxos, hai datos agochados.

NOVA CRONOLOXÍA DA HISTORIA.

1 comentario: