lunes, 8 de junio de 2020

MARTES 9

OLA PÍCAROS!

Comezamos o último tema de lingua galega, e como sempre farémolo coa lectura e a comprensión dun pequeno texto.
Se dispoñedes do libro dixital podedes escoitar o texto na audición e nun video que tedes no apartado dos recursos. Se non, podedes facer os exercicios da páx192-193, despois de ler " O teatriño do sapo e a ra", ou no seguinte enlace.

Lectura e comprensión T.12

En  CCSS tamén nos toca empezar cos últimos temas, o apartado de historia.
A historia estuda e conta os acontecementos e feitos do pasado que contribúen ao desenrolo da humanidade.
Nós empezaremos achegándonos á nosa historia persoal, coñecendo os feitos vividos por vós e a vosa familia. É un tema moi interesante onde podedes descubrir cousas curiosas que descoñeciades contadas en voz dos vosos familiares.

Aínda que a lectura do tema 8 do libro de texto pode ser interesante nós preparámosvos unha  pequena presentación na que ademais vos propoñemos 4 actividades de investigación para que escollades e fagades polo menos 1.

Cando nos xuntemos de novo, estaremos encantados de compartir e coñecer as vosas historias.





No hay comentarios:

Publicar un comentario