lunes, 20 de abril de 2020

CONTO

OLA PÍCAROS!!

Como sabedes o 23 é o día do libro e dende a biblioteca fannos  esta proposta:

E ti, que libro estás a ler estes días de “quedar na casa”?

Compárteo con nós.
Grava un video breve falando do libro que estás a ler (tamén pode participar a túa familia). Se non queres gravar un video manda unha imaxe ao correo da biblioteca bibliotecacruzdosar@gmail.com 
 (se o video é complicado mandade unha foto).

Hoxe non vos  propoñemos  traballo de fichas.

No seu lugar animamosvos a que escribades un conto, pero tedes que facelo con moita calma e o máis detallado posible. De feito, esta tarefa pode levarnos varios días (a idea sería escribir entre todos un pequeno libro de contos).

TEDE EN CONTA QUE:

-Deberedes pensar un título, imaxinar uns personaxes (protagonista e secundarios)  e un lugar onde suceda a historia.

- Deberedes imaxinar  os feitos e contalos de forma ordenada no tempo. Lembrade que todos os contos teñen un INICIO (donde se presenta a historia e aos personaxes), un NÓ (onde se conta o que sucede, os problemas que xurden...) e un DESENLACE (onde remata a historia).

-Deberemos describir o lugar/lugares onde sucede a historia.

-Deberedes facer una descripción  de cada un dos personaxes. Aquí tedes unha lista de adxectivos que vos poden ser útiles e un pequeno esquema que vos pode axudar a organizar aos personaxes.



Ide pensando sobre eses guións anteriores. Debedes ir facendo borradores, facede varias opcións. Para darlle forma ao conto deixámosvos un cadro que vos será útil. 

Se queredes podedes empezar a  debuxar ao protagonista, algún entorno...

Aquí vos deixamos un conto para axudar á vosa inspiración. Desexamos que vos guste.





No hay comentarios:

Publicar un comentario