lunes, 27 de abril de 2020

MARTES 28

OLA PÍCAROS!
Hoxe imos adicarlle un tempo a lingua galega e a CCNN. 
Antes de nada unas aclaracións:
-Na versión que nós temos do libro de mate os exercicios aparecen sen resolver pero polo visto na vosa saen resoltos. Para volver a facelos so tedes que pulsar no circulo que ten dúas frechas dentro e xa se borran, igual que facemos na clase cando no equivocamos (non fagades trampa).
-En canto a enviar os traballos NON É NECESARIO, xa argallaremos a forma de facer pequenos cuestionarios que poidades enviar. Estade tranquilos, avisaremos con tempo.

Lingua galega.

Para reducir os contidos desta asignatura traballaremos sobre todo as comprensións lectoras, vocabulario, ortografía e expresión escrita. A gramática común traballaranse en L. castelá xa que hai moitas coincidencias.

Que vos parece se empezamos coa lectura do tema 8? Trata sobre animais e de seguro que descubrides cousas interesantes. Hoxe a profe María le primeiro, escoitade.




Despois de ler tentade responder aos exercicios do pdf oralmente ou de forma escrita. Aquí tamén atoparedes a lectura para os que non teñades libro.




E tamén temos un pouco de traballo de Ciencias da Natureza. Comezamos o tema 4, adicado á SAÚDE e a ALIMENTACIÓN.

Tamén deixamos o PDF para quen o prefira.


E para rematar un vídeo que nos vai contar cousas da Alimentación e a Saúde.


LA ALIMENTACIÓN SANA. HAPPY LEARNING



E por último aquel poema que mandamos para memorizar, BOLBORETAS, recitado por Martina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario