miércoles, 29 de abril de 2020

JUEVES 30

OLA PÍCAROS!

Despois da recollida de material de onte seguro que o traballo  vos é máis  doado. 


Os profes alegramonos moito de saber que todos estades ben, de que estades sendo moi responsables na casa e coas tarefas. Nós tamén vos botamos de menos  e desexamos vervos axiña. Sabemos que este periodo se está a facer longo e as veces aburrido pero non vos desanimedes.


Seguindo a distribución de traballo semanal, hoxe tócanos lingua galega e ciencias da natureza. 

En lingua galega traballaremos o vovabulario refernte a animais (pax 126,127), una vez obsevada a ilustración tentade facer os exercicios Nº 1,2, 3,e 4. nunha libreta ou no pdf que aparece a continuación.
Para traballar vocabulario e resolver dúbidas ortográficas nada mellor que o dicionario, aquí vos deixamos un enlace co da Real Academia Galega.(rag)


Se dispoñedes do libro dixital imos explicar un pouco o seu manexo, pinchades no indice e elexides o tema ( T 8), para ver o libro tedes que clicar onde indica a frecha (hai apareceran as pax de libro) todos os apartados que están debaixo corresponden aos recursos.



Unha vez dentro do libro cada pax ten os seus recursos adxudicados, atoparedelos nos "puntiños" e podedes acceder dende ahí. 
Abride o da pax 126 e atoparedes unha canción e actividades ineractivas


Seguro que o sabedes , pero se queredes ver mellor, aquí  podemos ver unha pax soa.


E agora un pouco máis de Ciencias da Natureza.




Tamén deixamos o arquivo PDF




No hay comentarios:

Publicar un comentario