jueves, 23 de abril de 2020

ÚLTIMO ACCESO

OLA PÍCAROS!

Que tal van os procesos de entrar nos libros dixitais?
Polos comentarios do blog parece que o facedes perfectamente, alegramonos .
Logo publicaremos como entrar no libro de CCSS.

Para o fin de semana propoñemosvos que entredes neles e vos vaiades facendo co manexo, vendo como se entra e sae dos exercicios, como se autocorrixen, que esconden os recursos...Será máis doado se o facedes nos temas que xa dimos.
Para os que non teñandes posibilidade de traballar co  libro dixital a partir do lunes enviaranvos dende o colexio unha mensaxe para que pasedes a recoller o material que nós deixamos preparado para os vosos fillos. Non vos presentedes antes de que vos chegue o aviso, organizarasepara non coincidir e reducir ao máximo o contacto persoal.(probablemente sexa o mércores de 11 a 13h  ou de 17 a 19h)

Para os que non poidan facelo, e todos os que queiran, aquí deixamos tarefas de repaso.

Boa fin de semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario