lunes, 11 de mayo de 2020

MARTES 12

OLA PÍCAROS!

Hoxe tócanos traballar un pouco en lingua galega e en CCSS.

Lingua galega
Como ven sabedes o domingo 17 celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Así que as actividades desta semana estarán relacionadas con esta data, ca súa celebración e o coñecemento de Ricardo Carballo Calero, que é o autor homenaxeado este ano.

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega. "Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.

Para coñecer mellor a vida e obras de Ricardo Carballo Calero, aquí tedes  a proposta de traballo.

Dende o Equipo de dinamización lingüística do cole tamén nos chegan propostas nas que podedes  participar. Consultade  a súa entrada na páxina web do centro.

Ciencias Sociais.

Estamos a pasar moito tempo na casa convivindo. Nestes temas achegaremonos  a diferentes lugares que implican convivir.


No hay comentarios:

Publicar un comentario