lunes, 18 de mayo de 2020

MARTES 19

OLA PÍCAROS!
Hoxe toca facer e enviar algúns traballos, pero sen présa.

Lingua galega
Hoxe en lingua empezamos coa lectura do tema 9, podedes escoitala nos recursos do libro dixital no que tedes un video e tamén unha audición sen imaxes. Mais se queredes escoitalo cunha voz coñecida aquí o tedes na voz da profe María. Escoito a lectura.
Agora que xa vos soa tócavos  lelo a vós e despois realizar as preguntas da comprensión Nº 1, 2, 3 ,4, 6,7 e 9 .                                   

Como non recollemos ningún traballo de galego, gustaríanos que nos enviasedes estas fichas da comprensión antes do venres. Podedes facelo cunha foto.
 3ºA enviadeas a mariataibo@edu.xunta.es
 3º B enviadeas a mgquintana@edu.xunta.es

Nuturales.
Lembrades que tiñamos pendentes un cadro onde anotar as comidas que faciades, as horas que durmiades, para reflexionar sobre os vosos hábitos. 
Se analizades os vosos datos, poderiades contestar a preguntas como :
Tomo a suficiente cantidade de proteinas? De vitaminas? De hidratos? Estou comendo máis azucre do que é nacesario? Qué alimentos debería aumentar na dieta para que a miña alimentación  sexa máis equilibrada? Cómo podo facelo? 
En canto a outros hábitos, descanso e fago actividade física suficiente cada día? Por qué non?

Seguindo o fio das preguntas. Redactade un texto onde fagades unha pequena análise dos vosos hábitos e unha proposta para melloralos se é necesario.(mínimo media folla e máximo unha )
Enviade a foto do texto ao correo de Roberto ou Mari según vos corresponda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario