lunes, 4 de mayo de 2020

MARTES 5

OLA PÍCAROS!

Como todos os martes e xoves traballaremos un pouco sobre aspectos de lingia galega e ciencias

Lingua galega

Hoxe en galego temos un traballo moi doado, imos repasar un pouco a ortografía.

Lede a modo o cuadriño da pax 130 e logo completade os exercicios 2, 3, 4, 5 e 6. Os que dispoñedes do libro dixital tedes, nos recursos, un exercicio interactivo máis se vos apetece.




Tamén é convinte que leades o ditado un par de veces fixándovos en como se escriben as palabras. Logo podedes facelo como unha copia coidando a letra.

Nos recursos da versión dixital podedes facelo co ordenador. Aínda que non vos manexedes moito co teclado, pode ser unha boa oportunidade para empezar, seguro que axiña o controlades.




Ciencias da Natureza

Hoxe tócanos falar dos factores que inflúen na nosa saúde como o exercicio físico, a postura correcta, a alegría e o descanso, e as persoas que coidan da nosa saúde, que son máis das que pensamos.
Ler con moita atención as páxinas 66, 67, 68 e 69.



1.-

Como traballo persoal propoñemosvos o Investigamos que aparece nas páxinas 70 e 71 se vos é posible, xa que precisades dalgunha axuda.




Controlade os latexos do corazón, a respiración e o tamaño da pupila.
Para recordar o funcionamento do corazón deixamos este vídeo sobre o seu funcionamento. Preme na imaxen.


2.-

Tamén é interesante O Desafío que nos propón a páxina 72.



Este traballo é máis doado de facer. Contestade as preguntas 1,2,3,4 e 5 da páxina 72.
Despóis se queredes facede o mesmo con otro envase de alimentos dos que haxa na vosa casa.
Aquí tedes un vídeo que nos fala das etiquetas dos alimentos. Preme na imaxen de abaixo.




3.-

E para rematar a tarefa, a outra parte do Desafío, Alimentacións especiais.

Trata sobre as alerxias e intolerancias a determinados alimentos e sobre o comedor escolar.



Ledeo con detemento e tentade responder ás cuestións 1 e 2 da páxina 73.


No hay comentarios:

Publicar un comentario