miércoles, 6 de mayo de 2020

XOVES 7

OLA PÍCAROS!
ESTAMOS MOI LEDOS! Empezamos a recibir algunha foto dos vosos traballos. Encántanos ver canto avanzades e o responsables que estades sendo. Parabens!! 
Aquí tedes as propostas de hoxe, desexamos que pasedes un rato entretido.


lingua galega

Hoxe en galego achegarémonos ás fábulas. Como ben sabedes son breves contos que conteñen algunha ensinanza. Ademáis as persoaxes sempre son animais personalizados, é dicir, que fan cousas propias das persoas: pensar, conversar, cantar, ler etc.
Pero nada mellor que escoitar unha para darvos conta do que son.




Agora que xa recordades o que son, podedes ler o texto que aparece na páxina 137 do libro e contestar as preguntiñas que nos fan nesa mesma folla.

Como ata Martes non voltaremos a ter galego, os que tedes libro dixital podedes xogar un ratiño nestes recursos:
  • O que pon audio repaso trimestral é un pequeno ditado.
  • O Xogo das palabras é un xogo moi similar ao pasapalabra, podedes facelo con e sen tempo.
Animadevos pode ser divertido!



Ciencias da natureza.

Rematado o tema da saúde, dieta e hixene, esperamos que con toda a información que lestes sobre el sexades conscientes da súa importancia.
Non nos cabe a menor dubida que agora estamos a cumprir as normas de saúde que nos indican, sobre todo de hixiene, pero é importante que os hábitos que estamos collendo non os esquezamos.
Para concienciarnos en todos os aspectos sobre os que falamos no tema, propoñémosvos esta actividade.
Realizar unha recollida de datos e cubrir un cuadro similar ao do enlace, una vez completados os días analizaremos se estamos ou non  cumprindo as recomendacións saudables.


Non tedes porque dibuxar o cuadro, sabemos que é dificil calcular o espacio para escribir dentro, rexistrade os días en columna e o final xa faredes as liñas, escribide claro e espaciado.
Dentro dunha semana faremos unhas preguntiñas para reflexionar sobre os datos obtidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario